domingo, 3 de noviembre de 2019

EXPOSICIÓN EN LUGO




O Vello Cárcere de Lugo acolle as esculturas e grabados de Xavier Costa




O Vello Cárcere de Lugo acolle as esculturas e grabados de Xavier Costa ata o 20 de xaneiro de 2020. Trátase da serie escultórica “Bernarda Espida”, composta por 51 pezas esculpidas en pedra, madeira e ferro e 51 grabados en augaforte que son o relato pictórico da historia desta heroína.

 
 
 
Organizada pola Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, a mostra «Bernarda Espida» está composta por 51 pezas esculpidas en pedra, madeira e ferro, que se amosan acompañadas por 51 grabados en augaforte que son o relato pictórico da historia desta heroína.
 
Bernarda Espida é a personaxe ficticia, inventada por Xavier Costa, que cobra vida en cada unha destas 51 esculturas e coa que constrúe un relato sobre “a cámara dos horrores” que foi o século XX. Con Bernarda traza unha historia circular do sufrimento, desde antes de nacer ata a súa morte. Unha Bernarda libre, lesbiana, feminista e revolucionaria que é golpeada con ferocidade e crueldade polos grandes males da historia sociopolítica do século XX: as guerras, as ditaduras, a tortura e a represión.
 
As esculturas deste tráxico relato parten da figuración e experimentan con distintos materiais como o ferro, o estaño, a madeira e a pedra, coa que tamén xoga ao empregar cuarzo, granito, mármore de Macael, pedra de Tivissa ou de Vinarós, polo que se establece un contraste de rugosidades e tonos que aportan dramatismo ou sensualidade segundo a peza. Porque nesta historia dos horrores hai cabida para a tenrura, o amor, a sensualidade, a sexualidade o hedonismo e a ledicia. Nestes casos, as esculturas son voluptuosas e de suaves escorzos; en oposición, o horror reflíctese con xogos de contraste de texturas, volumes, cor e materiais que aportan dramatismo, incluso dor
 
Con Bernarda traza unha historia circular do sufrimento, desde antes de nacer ata a súa morte. Unha Bernarda libre, lesbiana, feminista e revolucionaria que é golpeada con ferocidade e crueldade polos grandes males da historia sociopolítica do século XX: as guerras, as ditaduras, a tortura e a represión.
 
 

“…esta é a triste, insólita e verdadeira historia da rapaza galega Bernarda Espida, que fixo trinta e tres revolucións e perdeunas todas, que loitou pola xustiza e a liberdade e foi perseguida, exiliada, detida, golpeada, aldraxada, torturada e violada por todos os reximes ditatoriais, que foi executada e o seu corpo abandonado mas eiras pra ser pasto de pegas e corvos. Pero como Prometeo converteuse en penedo e forma parte da paisaxe galega”.

Xavier Costa







MÁS IMÁGENES

No hay comentarios:

Publicar un comentario