lunes, 4 de marzo de 2019

EXPOSICIÓN NA FACULTADE DE BELAS ARTES (PONTEVEDRA)



           Inauguración da exposición 'Mondo Trasho'

  

“Mondo Trasho” é a primeira exposición individual do traballo de Sabrina Fernández Casas en Galicia. A Sala X (Pontevedra) acolle esta exposición da artista e ex-alumna da Facultade de Belas Artes . A mostra,  permanecerá neste espazo expositivo ata o 28 de marzo.

Esta exposición presenta un proxecto de investigación sobre piratería audiovisual e economía informal levado a cabo en 2018 na cidade de Lima (Peru). As pezas expostas mostran o proceso de compra e transformación dunha tenda chamada MONDO TRASHO para a creación dun espazo de reflexión sobre os propios límites dun archivo en canto a sua propia materialidade, accesibilidade, legalidade e valor.


Sabrina Fernández Casas estudou na facultade de belas artes de Pontevedra e obtivo o seu máster no ano 2014 na HEAD–Universidade de Arte e deseño de Xenebra (Suíza). En 2015 fundou a editorial e colectivo «MACACO Press» xunto co artista arxentino Patricio Gil Flood, para desenvolver proxectos de investigación, publicacións, e distribuír o material impreso mediante accións no espazo público. Entre 2015 e 2017, traballou na HEAD (Xenebra) como profesora convidada xunto con Dora García e La Ribot.

O seu traballo foi exposto internacionalmente, incluíndo KIOSKO Galería, Santa Cruz, Bolivia; Centro de Arte Contemporánea de Xenebra; Kabinett das Salzburger Kunstverein (Salzburgo); Weserburg Museum für moderne Kunst (Bremen); A Casa Acesa (Madrid); Southard Reid Gallery (London); Galería Bacelos (Vigo). Os seus libros de artista forman parte de coleccións importantes como The Library of the printed web, NY; MoMA Library, NY; Archipelago, Londres; Tate Library, Londres.


 ATA O 28 DE MARZO

 

 

 

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario