viernes, 30 de noviembre de 2018

AÍNDA ESTAMOS A TEMPO



II Congreso de Arte de Acción. Fugas e interferencias


Presentación do programa

 
Unha conferenciante chegada desde Polonia e a participación nas súas diferentes mesas de investigadores e investigadoras procedentes de México, República Dominicana, Romanía e Estados Unidos constatan a aposta de Fugas e Interferencias, o congreso dedicado á arte de acción que promoven os investigadores da Facultade de Belas Artes Carlos Tejo, Marta Pol e Alba Blanco, por converterse en internacional na súa terceira edición. A Casa das Campás e o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) serán, entre o 29 de novembro e o 1 de decembro, as sedes deste foro dirixido a promover unha reflexión teórica sobre unha disciplina pouco abordada desde o ámbito académico, que, un ano máis, completará as súas conferencias plenarias e mesas de comunicación cunha serie de performances, tanto nas rúas de Pontevedra, no mediodía dos xoves 29, como no CGAC, onde o venres 30 e sábado 1 terán lugar as accións de Amaya González Reyes e Berio Molina.
 
Performance de Ana Gesto no 2013
 
 
“Ese anos fixemos un esforzo e decidimos abrinos ao internacional”, sinalou Carlos Tejo, cando presentou na Casa das Campás o programa deste congreso  que viviu nesta edición un aumento do número de comunicacións presentadas polos investigadores e investigadoras. A reflexión teórica sobre a arte de acción; a natureza híbrida desta disciplina e a incorporación de estratexias procedentes do teatro contemporáneo, a videoarte e a danza; e as posibles interseccións entre a arte de acción e o contexto político, a perspectiva de xénero e o feminismo constitúen os tres eixos en torno aos que se articularon as seis mesas de presentación de comunicacións, nas que preto de 20 investigadores e investigadoras abordarán esta arte desde múltiples disciplinas, incluíndo campos como “as relacións da performance coa tecnoloxía ou mesmo cos videoxogos” ou o seu uso “como ferramenta política”, explicou Tejo.
 
Performance
 
 

Da reflexión teórica ás accións do alumnado

 
Por primeira vez, unha destas mesas, moderada pola investigadora en artes escénicas contemporáneas Alicia Corral, desenvolveuse na Casa das Campás, o xoves 29 ás 11.00 horas, despois do acto inaugural e da presentación do libro de actas da segunda edición do congreso.  Rematada esa primeira mesa, ás 12.30, o programa deste congreso internacional inclúe tamén unha sesión de performances a cargo do alumnado da materia Proxectos de arte de acción, que se desenvolverá nas rúas de Pontevedra e na propia Facultade de Belas Artes. 
 

Comunicacións, performances e tres conferencias plenarias no CGAC

 
Para o venres 30 están programadas as conferencias La performance ante la historia: espacios y tiempos para el arte de acción, a cargo do profesor da Universidad Autónoma de Madrid e crítico especializado Juan Albarrán, e Verde eléctrico bajando la escalera (la performance fuera de escena), das artistas e profesoras da Universidad de Castilla-La Mancha Elena Cabello e Ana Carceller, “que teñen unhas achegas á performance que nos interesaban moito polo seu seu achegamento á perspectiva de xénero”.
 
Esta reflexión teórica combinaranse así mesmo no CGAC coas accións que desenvolverán Amaya González Reyes e Berio Molina e con outra das novidades desta terceira edición, a articulación dun “espazo de reflexión crítica sobre teses de doutoramento” e que, na tarde do xoves 29, protagonizaron dúas investigadoras da Universidade de Vigo, Cynthia Bondenhorst e Paloma Recio. “Dentro da produción teórica da academia, parecíanos interesante reflexionar sobre aquelas teses de doutoramento xa lidas ou que estean en construción que se centran na performance”, engadiu Tejo desta nova mesa que, explica, nace con vontade de que teña continuidade en sucesivas edicións.   
 
 

PROGRAMA

  

No hay comentarios:

Publicar un comentario