sábado, 7 de abril de 2018

MOSTRA SALVADOR DALÍ



            Mostra «Salvador Dalí, contador de historias»





Voltamos a Lugo porque a Sede Afundación de Lugo acolle do 1 de febreiro ao 5 de maio «Salvador Dalí, contador de historias». O gran xenio de Figueres volve ás nosas salas cos fantásticos gravados que recrean os grandes clásicos literarios internacionais, como Pantagruel ou O Quixote.
 

SALVADOR DALÍ, CONTADOR DE HISTORIAS

Unha das facetas máis descoñecidas de Salvador Dalí (Figueres, 1904-1989) é a de gravador. Do mesmo xeito que na pintura, Dalí plasmou na arte gráfica a súa persoal iconografía, deixando nas súas estampas unha obsesión polos detalles. As imaxes que nos ofrece nesta exposición explican a comedia humana, o comportamento ridículo, pero non menos real, do home no mundo e na historia.
 
Conforman a exposición setenta e dous gravados e estampas, pertencentes aos chamados Ciclos literarios de Dalí, en que o artista copiou e recreou obras literarias universais achegando a súa particular visión e interpretación.

Les songes drolatiques de Pantagruel, 1973
 
Nesta serie de vinte e cinco litografías Dalí recrea as ilustracións que François Desprez realizou sobre o ciclo Pantagruel de François Rabelais para a edición que en 1565 publicou Richard Breton en París. 

Le bestiaire de La Fontaine dalinisé, 1974
 
As doce fábulas que nos presenta Salvador Dalí, seguindo a Jean de La Fontaine, toman polo xeral a súa fonte no sempre citado Esopo. Na súa catalogación, presentamos o título de cada unha delas, consideramos a súa fonte e propoñemos a consecuencia moral que se deriva como sentenza.

El ingenioso hidalgo don Quixote de la Mancha de Miguel de Cervantes, 1957-1958
 
As estampas que se presentan forman parte da publicación de Bos Aires pola editorial Emecé (1957-1958) que fora titulada El ingenioso hidalgo don Quixote de la Mancha. O primeiro volume desta edición foi ilustrado por Salvador Dalí con dez láminas en acuarela a cor estampadas en offset e trinta debuxos en branco e negro con proceso fotomecánico. Convén precisar que, con anterioridade, estas láminas foron publicadas nunha edición de Random House (Nova York, 1946) co título El Quixote e coas ilustracións presentadas a dobre páxina.
 



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario