domingo, 28 de marzo de 2021

FUNDACIÓN MUSEO EUGENIO GRANELL (SANTIAGO DE COMPOSTELA )

 

«Parellas» reúne la obra más reciente del pintor Xulio Maside


                                              Detalle de la obra "Luci e mais eu" (2014), de Xulio Maside

Formado baixo o concepto renovador e modernista que tiña da arte o seu tío Carlos Maside, Xulio herdou ese afán transgresor que se plasma desde hoxe na Fundación Granell coa exposición As parellas. Unha temática que é vella coñecida para Xulio, quen nos anos 60 xa reflectiu nunha acuarela á figura dos miróns nunha experimentación sobre o concepto de erotismo e exhibicionismo. “Esta mostra é un cúmulo de pinturas que fixen nos últimos tempos, unha obra sobre o meu tema que é o ser humano, particularmente a muller”, explica Xulio, emocionado ao ver a exposición xa instalada.

Pese a que esta mostra recolle as súas obras desde 2014 ata a actualidade, a historia pictórica de Xulio Maside remóntase á infancia. De neno, comezou a pintar inspirado pola obra do seu tío, quen non quería que o sobriño fose pintor xa que cargaba nas costas as penurias económicas vividas. “Estudando Medicina, antes ou despois, un chega a médico. Exercín feliz 44 anos como anestesista na pública, pero son pintor desde neno”, contaba o pintor nunha entrevista concedida cando se inaugurou a retrospectiva adicada a el no Auditorio de Galicia en 2014, comisariada por Mercedes Rozas.

Vigués de nacemento, é picheleiro de corazón. Tras vivir en grandes capitais como Madrid, da que garda un gran recordo, regresou á súa Compostela, que considera unha cidade feita á súa medida, “unha marabilla de cidade”. De feito, sempre quixo que Compostela fose referente da arte en Galicia, e foi aquí onde creou o grupo O Galo para dar espazo a pequenos creadores galegos que non tiñan inda un lugar destacado.

EXPOSICIÓN



Afeccionado á pintura de Goya, do Greco, Velázquez ou Picasso, expertos que coñecen ben a súa arte consideran que a súa obra reflexa a inspiracións dalgúns deles, co carácter internacional que iso implica. En As parellas, todos os que se acheguen á Fundación Granell descubrirán preto de setenta pezas encabezadas por unha de gran formato chamada Luci e máis eu.

“Esta quere ser representativa da mostra xa que concilia obras anteriores coas posteriores que parten dela, con distinto formato e entidade. Compoñen un conxunto de pinturas emparentadas en ritmo e poesía, erotismo e humor. Acrílicos, collages, acuarelas, carbonciños, debuxos a man alzada, óleos de mediano e gran formato, dan conta do mundo de Xulio Maside, dos sentimentos máis líricos e musicais en tempos de confinamento e pandemia. A historia do ser humano e a súa grandeza”, describe a comisaria da mostra, María Esther Rodríguez Losada, a muller de Xulio.

“Pintou moito nos últimos anos e máis agora na pandemia. Reflexa os seus sentimentos de amor á plástica, á poesía, á música... Para el é unha sorpresa porque llo dixen cando estaba practicamente listo. Está moi emocionado e na Fundación fixeron unha montaxe moi boa”, conclúe Esther.




HASTA EL 23 DE MAYO

(O CORREO GALEGO )


No hay comentarios:

Publicar un comentario