jueves, 11 de enero de 2024

EXPOSICIÓN EN MARÍN

 



No Ateneo Santa Cecilia comezamos o ano 2024 con bo pé da man de Alicia Lamas, titulada na Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) de Vigo en pintura e debuxo. Presentaranos a súa exposición titulada Mar, emoción e corA mostra poderase visitar do 10 ao 27 de xaneiro no noso horario habitual e aerá inaugurada o próximo mércores.

A obra, “Mar, emoción e cor”,  está realizada en técnica mixta con acrílico. Emprega diversas formas orgánicas abstraídas que se multiplican entre as pezas de este catálogo. Estas proceden da natureza sometida ao seu peculiar filtro artístico. As rítmicas pegadas do mar na area, as cores e movementos hipnotizantes do fondo do mar ou as algas coas súas suxirentes e surrealistas formas, inspiran o seu traballo.

A beleza de todas estas formas naturais reside no seu carácter fugaz, xa que, estas mesmas formas non se volverán repetir da mesma maneira na natureza, que oscila sempre entre a harmonía e o caos como forzas opostas e a vez complementarias.

A partir de esta inspiración, Alicia Lamas busca unhas veces a expresividade no resultado final da obra, utilizando o contraste de cor para transmitir os sentimentos que evocan nela os distintos elementos representados. Noutras ocasións, faino traballando con elementos matéricos e obxectos reciclados.

A inauguración  foi  o mércores, 10 de xaneiro ás 20:00 horas.

(LA CARRIOLA DE MARÍN)

No hay comentarios:

Publicar un comentario