viernes, 10 de enero de 2020

EXPOSICIÓN EN RIBEIRA

         
 

Exhiben obras de Toulouse-Lautrec ata o 22 en Ribeira    

Poden contemplarse no Museo do Gravado de Artes // Están expostas trinta e seis litografías

 
 
 
O Museo do Gravado de Artes (Ribeira) acolle dende o pasado día 13 ata o vindeiro 22 de xaneiro unha nova exposición, titulada Toulouse-Lautrec: Elles (1890)-Litografías (1893-1900), que amosa trinta e seis obras litográficas do artista francés Henri Marie Raymond de Toulouse-Lautrec-Montfa (1864-1901).
 
Comisariada por Daniel Buján e coordinada por Pastor Rodríguez, director do centro museístico ribeirense, a mostra foi inaugurada o venres nun acto que contou ademais coas intervencións de Javier Expósito, vicepresidente da Fundación Museo de Artes; da tenente de alcalde de Ribeira, María Sampedro; e da deputada provincial Sandra González.
 
Numerosas persoas quixeron estar presentes nesta apertura dunha exposición que integra dúas coleccións denominadas Elles, composta por once obras a cor coas que, en palabras de Daniel Buján, o artista "chega ao seu cénit" situándose á altura de xenios como Goya, e Litografías, con creacións que abranguen dende o ano 1893 a 1900.
 
Por outra banda, no mencionado museo estase a desenvolver esta fin de semana o primeiro curso sobre a técnica de estampación denominada V33, ideada polo catedrático da Universidade de Salamanca José Fuentes Esteve, encargado de impartilo xunto co artista Antonio Navarro.
 
Para conmemorar o 140 aniversario da publicación do poemario Aires da miña terra, o centro quere realizar unha exposición e editar en 2020 un volume ilustrado desta obra, primeiro libro dun dos grandes poetas do Rexurdimento, Manuel Curros Enríquez. E, con tal fin, os alumnos e alumnas participantes no obradoiro están a realizar as ilustracións coas que se editará un volume especial de dito poemario.

O taller chegará hoxe ao seu fin coa entrega de diplomas, ás 14.00 horas, que serán entregados polo presidente da Fundación Museo de Artes do Gravado e o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas. Aos resultados obtidos nesta primeira edición sumaranse os da segunda quenda, que terá lugar no vindeiro mes.
 
HASTA EL 22 DE ENERO

No hay comentarios:

Publicar un comentario