domingo, 29 de julio de 2018

ANXO CABADA



Chega a Vigo a mostra de Anxo Cabada que conxuga fotografía e literatura galega actual

A exposición de retratos sobre escritores e escritoras galegos poderá visitarse na Casa das Artes ata o 9 de setembro

 
Anxo Cabada y algunos de los fotografiados

Cincuenta autores e autoras da literatura actual galega foron retratadas pola mirada do fotógrafo Anxo Cabada. A mostra reúne as imaxes destes persoeiros acompañadas dun texto literario da persoa fotografada. A exposición, co título "O imaxinario do país. Letras de magnesio. Retratos fotográficos e autorretratos literarios de escritores e escritoras", forma parte da programación cultural do Ano da Lingua e chegou o pasado venres á Casa das Artes de Vigo e permanecerá nela ata o 9 de setembro. No acto de apertura estiveron presentes o alcalde da cidade de Vigo, Abel Caballero, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañados polo propio autor das fotos, Anxo Cabada, xunto con deputados, concelleiros vigueses e o escritor Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no 2017.

Para Cabada, Vigo é "a cidade na que teñen a sede as principais editoriais deste país, e doutra, acolleu fai anos unha bienal fotográfica que a convertera nun centro a nivel estatal de intercambio en materia de fotografía".


Antonio García Teijeiro contempla a súa fotografía
O deputado provincial da Cultura e da Lingua, Xosé Leal, asegura que "este proxecto é unha homenaxe ao traballo que as autoras e os autores deste país fan a prol da nosa lingua, como un valor e un tesouro da nosa cultura que nunca nos cansaremos de poñer en valor e de reivindicar".
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario