Mostra: Premio Galicia de Fotografía Contemporánea.
EVA DÍEZ e JON GOROSPE
Canda o festival Outono Fotográfico presentamos unha exposición conxunta de dous dos gañadores do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, Eva Díez con «Renacer» e Jon Gorospe con «Environments». Podes vela do 23 de maio ao 14 de xullo na Sede Afundación de Ferrol.
A serie "Renacer", de Eva Díez, recibiu o Premio Galicia de Fotografía Contemporánea na súa terceira edición. As fotografías que a conforman amosan casas e edificios abandonados ou en ruínas, que a artista fai revivir iluminando o seu interior. Segundo palabras do comisario da mostra, Vítor Nieves, «Díez medita sobre o espazo de conforto e a súa ubicuidade Ese espazo concibido como guarida de acougo, algo recorrente na súa obra, no que ela muda o concepto de habitabilidade, rachando cos estereotipos».
"Environments", de Jon Gorospe, tamén foi galardoado na cuarta convocatoria do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea. Nesta serie, Gorospe retrata o instinto do ser humano de afastar e enterrar os residuos que produce, o xeito en que os move dunha contorna a outra, expulsándoos do seu espazo vital para abandonalos en vertedoiros que por si mesmos acaban conformando novas paisaxes e arquitecturas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario