Mostra «Sonoro empeño.
A música nas coleccións ABANCA e Afundación».
A Coruña
Visita a partir do 29 de outubro, na Sede Afundación da Coruña, «Sonoro empeño. A música nas coleccións ABANCA e Afundación». Chega agora á cidade herculina para amosar as confluencias entre música e artes plásticas a través dunha escolma de cincuenta obras de artistas coma Wassily Kandinsky, Pablo Picasso, José Manuel Broto, Rafael Úbeda, Urbano Lugrís, Luís Seoane, Menchu Lamas, Luís Caruncho, Xaime Quessada ou Castelao, entre outros. Poderás vela ata o 2 de marzo de 2019.
Sobre esta premisa, establécese unha clasificación en catro seccións que abordan o tema desde diferentes perspectivas para ilustrar estas confluencias:
- Iconografía musical
Unha das relacións máis evidentes entre artes plásticas e sonoras é a que atinxe á representación visual de escenas ou instrumentos musicais. As pezas expostas aquí ilustran tres temas básicos: o músico, o instrumento musical e a súa representación illada como único protagonista da obra.
- Sinestesia
A utopía de formular unha pintura auditiva ou unha música visual, presente en toda a historia da arte, acada un desenvolvemento máis significativo cos movementos de vangarda, que materializan a través da hibridación sensorial a experiencia de ver os sons e escoitar as imaxes.
- Festas e danzas
A representación pictórica da danza presenta un dos terreos máis propicios para a relación entre música e pintura, pois permite introducir nunha arte espacial os conceptos de dinamismo, ritmo e sonoridade, propios dunha arte temporal.
- Música na infancia
A vinculación de imaxes de nenos e nenas a escenas ou instrumentos musicais, que conta cunha longa tradición pictórica, vai moitas veces ligada ás ideas de inocencia, espontaneidade e candidez, e asociada a instrumentos de timbre doce.
Sede Afundación A Coruña | Cantón Grande, 8
No hay comentarios:
Publicar un comentario