lunes, 8 de octubre de 2018

NA BEIRA DO RÍO DIÁLOGOS NA PINTURA




Unha nova edición de 'Na beira do río. Diálogos na pintura' chega para amosar o traballo destes dous artistas: ANTÓN SOBRAL e Carmen Hermo son os protagonistas.
 

Antón Sobral




Carmen Hermo
 
O silencio e o acougo de Antón Sobral exténdese por unha pintura íntima. Un xeito de meditar fronte o horizonte e de obrigar a que nós tamén o fagamos. Un acubillo fronte ao balbordo do día a día. Carmen Hermo responde coa súa arte a unha mirada diferente, máis complexa no formal onde se suporpoñen imáxenes e percepcións, froito dunha contaminación visual e sonora que responde a estímulos dunha xeración que medrou fronte á televisión.
 
Dous miradoiros, polo tanto, para sentir como a natureza pódese construir dende a súa relaboración artística. Un xeito de percibir unha realidade que se pon ante nós para que nós mesmos nos poñamos ante ela nun descubrimento da inmensidade necesario para coñecer o pouco que somos.
 
Entrada libre ata o 18 de novembro no horario habitual de apertura da sala: Martes a venres de 18 a 21h. Sábados de 12 a 14 e de 18 a 21h. Domingos e festivos de 12 a 14h. Luns, pechado.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario